Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 





SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

1 2 3 4 5 seguinte >>
 

A Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Sociedade Galega de Educación Ambiental presentan os libros resultantes do “Proxecto Fénix: Proceso de Diagnóstico e Actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental”.

Santiago, 6 de xullo de 2010.- O Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, e o presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), Pablo Meira, presentaron hoxe a publicación do Proxecto Fénix, un estudo diagnóstico da Educación Ambiental en Galicia.

Co obxectivo de actualizar os datos recollidos na Estratexia Galega de Educación Ambiental, dende o ano 2006, a SGEA, por encargo da Xunta de Galicia, desenvolveu un traballo de investigación que, lonxe de buscar unicamente un produto final en forma de documento, quixo abrir e consolidar canles de diálogo que contribuíran á colaboración e coordinación dos distintos sectores e axentes que operan no campo da Educación Ambiental en Galicia; isto é, un “proceso de procesos” que permitira poñer en marcha un novo marco estratéxico para a Educación Ambiental na nosa comunidade. Un dos resultados deste traballo de investigación e dinamización son as publicacións que se presentan.

Durante os anos en que durou o Proxecto Fénix –nome que designou este proceso de procesos–, recompilouse información procedente de Equipamentos, Empresas de Educación Ambiental, Sistema Educativo, Concellos e Grupos Ecoloxistas, actores cunha especial relevancia na promoción da Educación Ambiental na nosa comunidade. Así mesmo, realizáronse dúas enquisas a nivel galego a través das que poder avanzar no coñecemento da cultura ambiental da cidadanía galega.

A colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a SGEA continúa coa elaboración dun Mapa de Recursos de Educación Ambiental en Galicia que, esperamos, permitirá levar a cabo unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos cos que contamos, contribuíndo a unha maior visibilización e unha mellor coordinación dos mesmos.

Para máis información: Miguel Pardellas (618 86 86 12 / mpardellas@sgea.org)

Ler máis...

 

Datas: do 03/09/2010 ao 29/10/2010

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Contido: Fundamentos da Educación Ambiental. Educación Ambiental: concepto e obxectivos. Principios básicos da Educación Ambiental. Modalidades da Educación Ambiental: formal, non formal e informal. Libro branco da E. A. en España: accións e iniciativas. Ámbito de aplicación da Educación Ambiental.

Organiza: Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Ler máis...

 

Datas: do 06/09/2010 ao 10/09/2010

Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).

Contido: Desenvolvemento Sostible e Axenda 21: unha volta a Río de Janeiro. Xeografía do desenvolvemento (arcos de desenvolvemento, a comarca como referencia do desenvolvemento comarcal.). Dinámica do medio rural: ¿abandono dos espazos ou busca de posibilidades?. Idiosincrasia da poboación do medio rural e outros moitos temas relacionados co desenvolvemento rural.

Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Ler máis...

 

Datas: do 14/09/2010 ao 17/09/2010

Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).

Contido: Acercamento teórico desde un enfoque multidisciplinar aos conceptos de desenvolvemento sostible e investigación social. Metodoloxía, técnicas e ferramentas cuantitativas, cualitativas e participativas de investigación social: Fontes de datos secundarios. Enquisas e consultas públicas. Técnicas cualitativas para recoller opinións (entrevistas, grupos de discusión, etc.). Métodos e prácticas para analizar, entender e interpretar discursos, percepcións e actitudes respecto ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible. Etc..

Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Ler máis...

 

Datas: do 20 ao 24 de setembro de 2010

Lugar: Museo do Mar. Vigo

Contido:Curso deExtensión Universitaria de la Universidad de Vigo. Ten por obxectivos:  Definir o concepto de interpretación, de patrimonio e de interpretación do patrimonio e a súa aplicación a lugares con interés patrimonial. Identificar o lugar da interpretación do patrimonio dentro da comunicación e a conservación dos valores dos lugares con interés patrimonial. Estudar a filosofía e os principios básicos da interpretación do patrimonio. Establecer o rol fundamenta da interpretación como ferramenta para cumplir obxectivos básicos de conservación. Dotar de técnicas básicas de comunicación para planificar, preparar e presentar actividades guidadas. Coñecer algunhas experiencias interesantes en interpretación do patrimonio en diferentes lugares con interese patrimonial.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          Travesía de García Prieto, nº 43 - Baixo    15706  
          Santiago de Compostela (A Coruña - Galicia - España)
          Tel./Fax 981 523 556