Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 









  Na primavera de 2001 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) constituíuse como asociación profesional co ánimo de aglutinar o traballo de moitas persoas que se viñan significando, algúns dende finais da década dos setenta na promoción da Educación Ambiental en Galiza, e que decidiron asociarse para darlle continuidade e profundidade a ese traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsábel co Medio Ambiente.


Últimas Novas:

Convocase a participar na Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 10:30 horas en primeira convocatoria e 11:00 horas en segunda convocatoria no local da Federación de Asociacións Ítaca sito na rúa do Pombal, 18 de Santiago de Compostela (desde Porta Faxeira baixando cara a Galeras, xusto en fronte da Alameda).

[...]



A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) é a entidade profesional que agrupa ás educadoras e educadores ambientais de Galiza, co obxectivo de promover a educación ambiental no noso país e avanzar desde unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsábel co ambiente.

Dentro das actividades que vén desenvolvendo desde hai máis de 10 anos, a SGEA programa periodicamente uns ENCONTROS abertos, onde nos reunimos os socios e socias e toda persoa con intereses ambientais que queira acompañarnos, a fin de pasar unhas xornadas distendidas e con bo ambiente, descansando e gozando da compaña colectiva, coñecendo in situ un equipamento de educación ambiental, realizando rutas interpretativas por espazos de interese patrimonial ou ambiental da zona, asistindo á presentación de novos materiais sobre educación ambiental, etc.

O vindeiro ENCONTRO da SGEA, que será xa o décimo terceiro, realizarase os próximos sábado 8 e domingo 9 deste mes de outubro, no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Lodoselo (Sarreaus), a uns poucos quilómetros de Xinzo da Limia. Trátase dunha experiencia de longa traxectoria, de recoñecido prestixio e con multitude de propostas que derivan dos seus tamén múltiples perfís: servizos sociais, educación social, desenvolvemento comunitario rural, recuperación patrimonial, educación ambiental, etc. En definitiva, un equipamento que non podemos deixar de coñecer.

Por iso queremos convidarvos a todas e todos a participar e acompañarnos nesta xeira a vindeira fin de semana, sen esquecer que o mércores 5 é o último día para apuntarse (ata as 18 horas). Se estás interesado/a, manda un correo-e cos teus datos básicos a francisco.candia@usc.es. O prezo (33€, que se pagan alí) inclúe xantar e cea do sábado, durmida, e tamén almorzo e xantar do domingo (se prefires non quedar a durmir, serían 25€). Anímate!

 

Imaxes do encontro

https://picasaweb.google.com/104626681974589785164/EncontroSGEALodoselo?feat=email

[...]


Data: 2 abril 2011

Lugar: CEIDA

Co obxectivo de compartir e dar a coñecer iniciativas e reflexións entre os profesionais galegos da Educación Ambiental, o CEIDA, xunto á Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), celebra o IV Foro Galego de Educadoras e Educadores Ambientais, que terá lugar o sábado 2 de abril no Salón de Actos do CEIDA.

[...]


 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 618 868 612 Mail:sgea@sgea.org