Dende a súa constitución, a Sociedade Galega de Educación Ambiental mantén unha estreita relación con outras asociacións de Educación Ambiental activas no resto do estado español: a Societat Balear d'Educació Ambiental, Associació Valenciana d'Educació Ambiental i Desenvolupament Sostenible, Societat Catalana d'Educació Ambiental, RED-Asociación de Educadores Ambientales de Castilla y León, Asociación de Educación Ambiental y de Educadoras y Educadores Ambientales de la Comunidad de Ma drid, Asociación para la promoción de la Educación Ambiental de Cantabria, etc.
Neste contexto, dende o ano 2001, o Centro Nacional de Educación Ambiental contribuíu á consolidación desta rede de colectivos a través da organización dun Seminario de Entidades de Educación Ambiental, convocado unha vez ao ano en distintas comunidades autónomas.
Durante todo este tempo, o seminario serviu de espazo de encontro e debate para as asociacións participantes, traballando e avanzando conxuntamente en temas específicos como a profesionalización ou a formación dos Educadores e Educadoras Ambientais.
Mais, co fin de ter unha representación propia e conxunta, especialmente para aquelas cuestións de ámbito estatal, varias das asociacións participantes nos seminarios organizados polo CENEAM decidiron poñer en marcha unha Federación.
Con data do 29 de marzo de 2008 remataron
os procesos administrativos pertinentes para a constitución
formal dunha Federación de Entidades de Educación
Ambiental , da que AEA (Madrid), AVEADS (Valencia), RED
(Castilla León), SBEA (Balears), SCEA (Catalunya) e a SGEA
(Galicia), e son as entidades fundadoras.
Na actualidade están a levarse a cabo os trámites burocráticos para a formalización dos estatutos e xunta directiva e en novembro deste ano contamos con ter a nosa primeira asemblea xeral como Federación.
Na medida en que vaian xurdindo novidades, iremos incorporando a este apartado as noticias e informacións que poida resultar de interese.
Enlazar co Blog da FEEA