SGEA FORMACIÓN
Dende a súa constitución a SGEA fixou entre os seus obxectivos a promoción dunha formación de calidade para os educadores e educadoras ambientais en Galicia.
Durante estes anos organizáronse xornadas, encontros e outros espazos formativos, e tamén participativos, co fin de contribuír deste xeito á mellora da Educación Ambiental na nosa comunidade.
Coa posta en marcha da liña de traballo “SGEA FORMACIÓN EN EDUCACIÓN AMBIENTAL” queremos afianzar a nosa vontade de seguir contribuíndo á capacitación e formación dos educadores e educadoras ambientais.
* Neste apartado, iremos incorporando a información dos cursos que se desenvolverán, así como os resultados e documentación resultante dos cursos xa realizados.