SGEA - Novas de interese
Listado de novas:
2
|
|
Datas do 21/09/2010 ao 24/09/2010
Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).
Contido: - Analizar a importancia dos xogos e cales son os valores que poden transmitir. - Explorar os diferentes ámbitos en que o xogo se desenvolve, así como os seus obxectivos educativos e a súa contribución á educación ambiental. - Conseguir o acercamento afectivo dos participantes ao entorno que os rodea.
Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño - Organismo Autónomo Parques Nacionais. |
|
|
|
|
|
Contido: “O medioambiente en Galicia”; “Unha vision multidisciplinar; os espazos de vida cotiá” ; “Contexto e contido da educación social nos servizos sociais”; “Paisaxes naturais, paisaxes culturais”; “Estratexias na xestión da auga: actuacións en Galicia”; “É posible outra economía?. A economía ecolóxica: aspectos conceptuais e aplicacións”; “Agroecoloxía e soberanía alimentaria”; …
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela. |
|
|
|
|
|
Lugar: Lleida.
Datas: do 06/10/2010 ao 09/10/2010
Contido: - Intercambiar coñecementos, resultados de estudios entre investigadores, técnicos e operadores. - Expoñer/presentar e debater as consecuencias dos últimos descubrimentos da investigación en produción agraria ecolóxica. - Debater sobre os métodos de transferencia e aplicación das innovacións tecnolóxicas aos operadores ecolóxicos, partes interesadas e outros representantes de entidades que apoian a AE. - Formular políticas a favor da produción agraria ecolóxica, en materia de calidade e seguridade alimentaria.
Organiza: SEAE. |
|
|
|
|
|
Datas: Antes do día 11 de outubro de 2010.
Contido: FUNDACIÓN MAPFRE convoca 75 axudas á investigación co obxecto de facilitar apoio económico para a realización de proxectos de investigación; entre as que se atopan e 20 axudas para Prevención e Medio Ambiente. As áreas e liñas temáticas sobre as que deberán versar os proxectos de investigación son as seguintes: Conservación dos recursos naturais, Aforro de enerxía, Prevención da contaminación ambiental e Educación medioambiental.
Destinatarios: Están dirixidas a investigadores ou equipos de investigación, do ámbito académico e do profesional, que desexen desenvolver programas de investigación nas áreas mencionadas, de forma independente ou no marco de universidades, hospitais, empresas ou centros de investigación aos que estean adscritos. O ámbito da convocatoria estendese a España, Portugal e os países de Iberoamérica.
Organiza: FUNDACIÓN MAPFRE.
|
|
|
|
|
|

Datas: do 20/08/2010 ao 29/08/2010
Lugar: As Corcerizas. Ourense
Contido: Con este Campo de Traballo pretendese conformar un exemplo práctico e vivencial das técnicas bioclimáticas e materiais ecolóxicos existentes para a minimización dos impactos ambientais, sociais e que sobre a nosa propia saúde, se xeran co noso xeito de vida. Co obxectivo de comprobar as posibles solucións aplicables nas nosas propias vivendas, poderemos facer dos nosos fogares espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta. Os temas a tratar: Criterios para unha construción sostible. Nocións sobre xeobioloxía. Emprego de diferentes materiais e técnicas de bioconstrución. Parámetros bioclimáticos. Enerxía solar pasiva. Tipos alternativos de construción. Eficiencia enerxética e enerxías alternativas.
Organiza: Amigos da Terra e As Corcerizas. |
|
|
|
|
|
|
|