Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













ENCONTRO E ASEMBLEA ORDINARIA DA SGEA. CHANTADA, 23-25 DE XANEIRO DE 2015.

A Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA convoca o ENCONTRO E ASEMBLEA ORDINARIA 2015.

Contaremos cun programazo de visitas a cargo do mesmísimo Anxo Moure, cinema Palleiriso, casa Enchantada, charlas, percorridos ecoturísticos, plantacións de árbores...

Recórdase que tamén poden participar no Encontro persoas non-membros da SGEA (sen dereito a voto na Asemblea, loxicamente).

É preciso que confirmedes asistencia mediante correo a secretaria@sgea.org antes das 12:00 do mércores 21, sinalando número de persoas e de noites (1 ou 2).O prezo fixado por persoa e noite é de 15 € (a SGEA cubrirá o resto do custe, en concepto de aluguer de local para a Asemblea).

Lugar: Casa rural “Casa do Neto” (Chantada).
Latitude 42º36´13” N Lonxitude 7º49´27” O www.casadoneto.com.

"eu creo que debedes vir ate este mundo das árbores encantadas, mais que creo que debades, creo que é urxente, imprescindible, ineludible..., case que vital, e non porque poidades coñecer algo de nós, do que facemos, do que pensamos, de como o facemos...., se non porque queremos aprender algo de vós, de cada un dos vosos proxectos, da vosa forza, do compromiso, e todo iso que aprendamos pegalo as árbores, ou atalo as follas, penduralo das polas, para que cada vez que salgamos a contar un conto na ciclobiblioteca, no veloz paztinete, na titiricleta ou no novo nubinete, ou alguén veña a escoitar alguna que outra historia pois veña a vosa sabedoría connosco ou se desperenda para pegarse as nenas e nenos que nos veñen visitar con certa frecuencia.
Xaneiro, mes máxico en verdade, friaxe, árbores espidas, teixos verdes, acivros cargados de vermello, aciñeiras, sobreiras, freixos..., esperándovos.
" (Anxo Moure)

Agradécese que poidades darlle a maior difusión ao evento, compartíndoo con quen pensedes que lle pode interesar. Tamén serán benvidas as mostras de disposición para botar unha man na organización o día do encontro.

Unha boa forma de empezar o ano para a educación ambiental en Galicia
Animádevos a participar!­­­

DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO


 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org