A
SGEA
e a
FEG
elaboraron unha exposición centrada na Pegada e a Débeda Ecolóxica
galega. Esta mostra, dispoñíbel en servizo de préstamo, permite
coñecer o concepto da pegada ecolóxica e reflexionar sobre o impacto
das actividades cotiás sobre un ecosistema con límites como é a
Terra.
Ao longo dos 14 paneis dos que consta a exposición, os visitantes poderán descubrir que é a pegada ecolóxica, calcular rapidamente a súa pegada, decatarse da débeda ecolóxica existente no planeta, coñecer os principais impactos ambientais das actividades universitarias...
Actualmente esta exposición está dispoñible
para todo aquel organismo, centro educativo, administración local,
etc. que estea interesado en difundir esta temática. Só hai que
solicitala! (sgea@sgea.org ou 981 523 556).
DESTINATARIOS E OBXECTIVOS:
A exposición de PEGADA E DÉBEDA ECOLÓXICA EN GALIZA, deseñada e
producida pola
FEG
e a
SGEA consta
de 14 paneis, está dispoñible en servizo de préstamo.
A cesión da exposición é gratuíta para os
colectivos, organismos ou entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan
actividades relacionadas coa Educación e a Divulgación Ambiental.
O obxectivo principal da cesión é contribuír a difusión dos contidos
da mesma.
DOCUMENTACIÓN: A documentación que solicitamos pódese
dividir en dúas partes:
• Antes do préstamo: solicitamos o FORMULARIO
DE SOLICITUDE cumprimentado e o DOCUMENTO DE CESIÓN TEMPORAL.
• Despois do préstamo: solicitamos unha avaliación, que recibirá
o usuario por correo electrónico, tres ou catro fotos da exposición
montada e copia dos recortes de prensa ou material divulgativo que
se realice para o momento.