
Datas: 17, 18 e 23, 24 e 25 de abril de 2010
Lugar: Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Santiago De Compostela)
DATA LÍMITE INSCRICIÓN: 9 de abril 2010
Contido: Con frecuencia a Educación Ambiental e as técnicas participativas vense mutuamente con certa distancia. A participación activa dos/as destinatarios dunha actividade ou a implicación directa da cidadanía nos problemas ambientais resulta difícil de manexar optándose, demasiadas veces, por iniciativas que só xeran espectadores/as pasivos/as.
Porén, cada vez máis, evidénciase a necesidade de promover unha maior intervención das comunidades na xestión ambiental e a toma de decisións que vai parella; o Teatro Foro, pode ser unha excelente ferramenta para conseguilo.
Inscrición: www.sgea.org Prazas limitadas
Organiza: SGEA