Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 





SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: do 28/06/2010 ao 01/07/2010

Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).

Contido: Abórdase a participación ambiental desde o seu papel na mellora da xestión ambiental, tanto na súa eficacia como no seu grao de aceptación. Coñeceranse estratexias e recursos de mellora de xestión desde a participación cidadá como ferramenta para construír un modelo de desenvolvemento máis sostible.

Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño - Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Ler máis...

 

Datas: do 28/06/2010 ao 02/07/2010

Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).

Contido: Introdución á Interpretación do Patrimonio. A comunicación en interpretación. Itinerarios educativos e interpretativos. Características xerais e modalidades. Itinerarios autoguiados. Tipoloxía e medios complementarios. O proceso de comunicación na excursión autoguiada. Itinerarios guiados. Condución e comunicación. Partes estratéxicas dun itinerario autoguiado. Valoración dun área con fins educativos e interpretativos.

Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Ler máis...

 

Data: do 31/05/2010 ao 30/06/2010

Lugar: Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.

Contido: A exposición reflexa a través de 30 instantáneas, que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible, e as primeiras impresións e vivencias deste grupo de reporteiros durante a súa visita aos proxectos da asociación.

Organiza: Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Ler máis...

 

Data: 5 de Xuño

Lugar: Praza da Ferreiría. Pontevedra

Contido:A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.

Organiza: Verdegaia 

Ler máis...

 

Datas: do 04/06/2010 ao 06/06/2010

Lugar: Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño (Ourense).

Contido: O obxectivo deste evento é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir.

Organiza: Asociación Cultural Pepa Loba.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          Travesía de García Prieto, nº 43 - Baixo    15706  
          Santiago de Compostela (A Coruña - Galicia - España)
          Tel./Fax 981 523 556