Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas: do 10/02/2010 ao 12/02/2010

Contido: O obxectivo argumental da Convención é expoñer, documentar e debater orientacións e itinerarios para a adaptación e aproveitamento do cambio climático, comprendendo o seu impacto no medio ambiente, a industria, a cidade, as administracións e o cidadá. A convención desenvolverase en tres importantes bloques estruturais: conferencias marco, mesas redondas e obradoiros. As tres conferencias marco serán ofrecidas por recoñecidos líderes mundiais na loita global contra o cambio climático: Rajendra Pachauri, presidente do Panel Intergobernamental contra o Cambio Climático de Nacións Unidas e Premio Novel da Paz 2007; Gro Harlem Brundtland, ex-Primeira Ministra de Noruega e responsable do informe Noso Futuro Común da ONU, mais coñecido como Informe Brundtland, no que aparece por primeira vez o concepto de “Desenvolvemento Sostible”; e Juan Verde, experto mundial en materia de medio ambiente e sostibilidade.

Organiza: Institucións gobernamentais e de outros organizamos públicos e privados.

Ler máis...

 

Datas: ata o 12 de febreiro de 2010.

Contido: Os premios se convocan nas seguintes categorías: - Premio especial Cidade mais sostible. - Loita contra o cambio climático. - Residuos. - Auga. - Enerxía.

Destinatarios: Poderán optar aos premios todos aqueles municipios de mais de 5.000 habitantes e Entes Locais Supramunicipais do Estado Español nos que se teñan executado satisfactoriamente actuacións dirixidas á sostibilidade os últimos dous anos e que presenten evidencia da existencia dun compromiso municipal co desenvolvemento sostible.

Organiza: Fundació Fòrum Ambiental.

Ler máis...

 

Data: 02/02/2010

Contido: Como cada ano, o 2 de febreiro conmemórase o Día Mundial dos Humidais, onde se recorda a data na que se creou a Convención Ramsar (1971). O lema proposto para o 2010 Coidemos os humidais. Unha resposta ao Cambio Climático, recolle a idea de que os humidais amosan unha elevada vulnerabilidade ao cambio climático debido á fraxilidade dos seus ecosistemas, que se ve potenciada polas accións naturais e antropoxénicas. O obxectivo destas xornadas é sensibilizar á sociedade sobre a gran biodiversidade que se agocha nos humidais e presentalos como ecosistemas únicos e importantes fontes de auga, reservorios de diversidade biolóxica e medios para o control das inundacións e das secas, ao mesmo tempo que demostrar que son moi vulnerables ante o cambio climático.

Lugar: Castelo de Santa Cruz. Oleiros (A Coruña).

Organiza: Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural e CEIDA.

Ler máis...

 

Data:15, 16 e 30 de xaneiro de 2010

PROGRAMA      INSCRIPCIÓN

Contido:  Curso organizado polo ICE que ten entre os seus obxectivos: Analizar as relacións entre mobilidade e medio ambiente; Achegarse aos contidos básicos sobre as políticas e estratexias de mobilidade identificando os principais impactos ambientais e analizando as alternativas que se están a implementar; Coñecer aplicacións educativas que optimicen o labor do profesorado dos diferentes niveis do sistema educativo, formadores e educadores en xeral e estudosos da temática; Proporcionar materiais e recursos para abordar educativamente este tema; Promover o debate reflexivo e crítico en torno a estas cuestións de gran relevancia social, científica e educativa.

Lugar: Facultade de Química, Universidade de Santiago de Compostela

Organiza: Instituto Ciencias da Educación

 

Ler máis...

 

Prazo límite: 31/12/2009

Contido: O concurso está aberto para competir en forma de novas historias publicadas e artigos en xornais, revistas e publicacións de autoría de xornalistas. Os temas dos traballos deberán ser artigos previamente publicados, dirixidos a un ou máis dos seguintes temas:
- Interrelación entre a protección da capa de ozono estratosférica e os temas do cambio climático no contexto da ciencia, os seus impactos, alternativas tecnolóxicas e políticas.
- Calquera aspecto global, rexional ou a nivel nacional sobre a implementación do Protocolo de Montreal, por exemplo, retos e éxitos da industria, o goberno e sociedade civil na eliminación das substancias que esgotan o ozono.

- Leccións do Protocolo de Montreal para a comunidade global no seu camiño cara ás negociacións climáticas de Copenhaguen en decembro 2009,

- As implicacións e oportunidades de negocios e económicas que xurdan da adopción de novas tecnoloxías que non esgoten o ozono.

Organización: PNUMA DTIE Programa de Acción polo Ozono.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org