Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

 

Datas: do 20/08/2010 ao 29/08/2010

Lugar: As Corcerizas. Ourense

Contido: Con este Campo de Traballo pretendese conformar un exemplo práctico e vivencial das técnicas bioclimáticas e materiais ecolóxicos existentes para a minimización dos impactos ambientais, sociais e que sobre a nosa propia saúde, se xeran co noso xeito de vida. Co obxectivo de comprobar as posibles solucións aplicables nas nosas propias vivendas, poderemos facer dos nosos fogares espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta. Os temas a tratar: Criterios para unha construción sostible. Nocións sobre xeobioloxía. Emprego de diferentes materiais e técnicas de bioconstrución. Parámetros bioclimáticos. Enerxía solar pasiva. Tipos alternativos de construción. Eficiencia enerxética e enerxías alternativas.

Organiza: Amigos da Terra e As Corcerizas.

Ler máis...

 

Datas: do 06/09/2010 ao 10/09/2010

Lugar: CENEAM, Valsaín (Segovia).

Contido: Desenvolvemento Sostible e Axenda 21: unha volta a Río de Janeiro. Xeografía do desenvolvemento (arcos de desenvolvemento, a comarca como referencia do desenvolvemento comarcal.). Dinámica do medio rural: ¿abandono dos espazos ou busca de posibilidades?. Idiosincrasia da poboación do medio rural e outros moitos temas relacionados co desenvolvemento rural.

Organiza: Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Ler máis...

 

Datas: do 03/09/2010 ao 29/10/2010

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Contido: Fundamentos da Educación Ambiental. Educación Ambiental: concepto e obxectivos. Principios básicos da Educación Ambiental. Modalidades da Educación Ambiental: formal, non formal e informal. Libro branco da E. A. en España: accións e iniciativas. Ámbito de aplicación da Educación Ambiental.

Organiza: Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Ler máis...

 

Datas: 26 e 27 de xullo de 2010

Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).Universidade de Santiago de Compostela.

Contido: O sentido do curso pretende enfatizar a dobre función que a educación ten para a cidadanía ao longo do todo o ciclo vital: como dereito e requisito imprescindible nun proxecto de vida digna e de calidade, e como medio que permite visibilizar, descubrir, e acadar outros dereitos.

Organiza: SEPA, USC

Ler máis...

 

Datas: do 18/06/2010 ao 02/07/2010

Lugar: Facultade de Dereito. Campus Sur. Santiago de Compostela.

Contido: I. O marco constitucional en materia de medio ambiente: Concepto de medio ambiente. O dereito ao medio ambiente na Constitución española. O Dereito comunitario na materia do medio ambiente. A lexislación ambiental española. II. A organización administrativae distribución de competencias en materia de medio ambiente: Distribución de competencias entre Estado e Comunidades Autónomas. Competencias dos entes locais en materia medioambiental. A organización administrativa ambiental. Especial referencia a organización administrativa local. III. Os sistemas de intervención administrativa sobre o medio ambiente: Os instrumentos preventivos: avaliación do impacto ambiental, planificación ambiental e autorizacións ambientais. Os instrumentos fiscais: os tributos ecolóxicos. Instrumentos represivos: o réxime disciplinario e de responsabilidade. Outras técnicas de actuación sobre o medio Ambiente: as técnicas de mercado e as medidas de fomento.

Organiza: Fegamp.

 

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org