Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Listado de novas:

 

Datas:14, 21 e 28 de outubro, e 4 e 11 de novembro de 2010

Lugar:  Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, S/N). Santiago De Compostela

Contido:está na intención do Colectivo intentar ofrecer ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas se incorporen tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas. Precisamente por iso as proxeccións escollidas tentan tratar sempre unha problemática candente aínda, actual e que promova unha mirada crítica á historia que nos ocupa.

Organiza: Nova Escola Galega

 

Ler máis...

 

Datas: do 01/11/2010 ao 30/12/2010

Lugar: Puerto Morelos, México.

Contido: No Congreso vaise elaborar unha declaración que sería presentada polas autoridades mexicanas dúas semanas máis tarde na 16 ª Conferencia das Partes (COP 16), destacando a importancia das reservas da biosfera como laboratorios de aprendizaxe para o desenvolvemento sostible e a protección da biodiversidade, e como lugares de estudo para monitorizar o impacto mundial do cambio climático e a perda de biodiversidade.

Organiza: UNESCO / MAB.

 

Ler máis...

 

Contido: O CEIDA, un ano mais, colabora activamente en Galicia na campaña “mobilízate pola selva” do Instituto Jane Goodall. A campaña ofrece aos cidadáns unha forma sinxela e gratuíta de aportar móbiles en desuso (en funcionamento ou non), o cal permitirá: -reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes. -reciclar elementos útiles e dispoñer adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio. -recadar fondos para proxectos de apoio ao desenvolvemento de cidadáns congoleños, e aos programas de educación e conservación en R. do Congo, como o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de mais de 140 chimpancés rescatados, a gran maioría chegados en pésimas condicións tras ser decomisados a cazadores, traficantes ou particulares.

Organiza: CEIDA e Instituto Jane Goodall.

Ler máis...

 

A Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Sociedade Galega de Educación Ambiental presentan os libros resultantes do “Proxecto Fénix: Proceso de Diagnóstico e Actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental”.

Santiago, 6 de xullo de 2010.- O Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, e o presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), Pablo Meira, presentaron hoxe a publicación do Proxecto Fénix, un estudo diagnóstico da Educación Ambiental en Galicia.

Co obxectivo de actualizar os datos recollidos na Estratexia Galega de Educación Ambiental, dende o ano 2006, a SGEA, por encargo da Xunta de Galicia, desenvolveu un traballo de investigación que, lonxe de buscar unicamente un produto final en forma de documento, quixo abrir e consolidar canles de diálogo que contribuíran á colaboración e coordinación dos distintos sectores e axentes que operan no campo da Educación Ambiental en Galicia; isto é, un “proceso de procesos” que permitira poñer en marcha un novo marco estratéxico para a Educación Ambiental na nosa comunidade. Un dos resultados deste traballo de investigación e dinamización son as publicacións que se presentan.

Durante os anos en que durou o Proxecto Fénix –nome que designou este proceso de procesos–, recompilouse información procedente de Equipamentos, Empresas de Educación Ambiental, Sistema Educativo, Concellos e Grupos Ecoloxistas, actores cunha especial relevancia na promoción da Educación Ambiental na nosa comunidade. Así mesmo, realizáronse dúas enquisas a nivel galego a través das que poder avanzar no coñecemento da cultura ambiental da cidadanía galega.

A colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a SGEA continúa coa elaboración dun Mapa de Recursos de Educación Ambiental en Galicia que, esperamos, permitirá levar a cabo unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos cos que contamos, contribuíndo a unha maior visibilización e unha mellor coordinación dos mesmos.

Para máis información: Miguel Pardellas (618 86 86 12 / mpardellas@sgea.org)

Ler máis...

 

Datas: ata o 31 de outubro de 2010.

Contido: A finalidade do concurso é difundir os valores da sostibilidade, entendida como a conxugación da protección do territorio, e do medio ambiente que o apoia, co desenvolvemento social e económico da sociedade que habita ese territorio. O tema específico deste concurso é o consumo responsable, entendendo este como o conxunto de accións que tratan de encontrar solucións viables aos desequilibrios sociais e ambientais- por medio dun comportamento máis responsable por parte de todos.

Organiza: Ecodes.

Ler máis...

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org