Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













SGEA - Novas de interese



Vista en detalle da nova:

 

XII ENCONTRO DA SGEA

NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2010

 

Dende a súa orixe, os "Encontros da SGEA" son os espazos nos que propiciar a participación, o coñecemento e o intercambio de experiencias e saberes entre socias/os e simpatizantes da SGEA; visitamos algún equipamento ou experiencia destacábel, debatemos ou desenvolvemos unha dinámica sobre algunha cuestión en particular e, a fin de contas, compartimos unha xornada na que lecer e coñecemento van da man.

Mais nesta ocasión, a proposta mudou un pouco; a situación actual da Educación Ambiental en Galicia o esixe.

Na actualidade, a xa tradicionalmente precaria situación da Educación Ambiental (EA, en diante) en Galicia está a vivir un importante retroceso: recortes en actividades e recursos, peche e infrautilización de Equipamentos públicos, despedimentos e peche de empresas de EA, despilfarro de recursos,...

Ante esta situación, dende a SGEA propuxemos converter estes XII Encontros nun espazo de reflexión e debate sobre a situación da EA en Galicia, pero sobre todo, nun espazo reivindicativo a través do que manifestar a nosa oposición aos recortes do actual goberno.

É por este motivo polo que, ademais de todas as socias e socios da SGEA, nesta ocasión queremos facer especial fincapé na participación de todas aquelas persoas, asociacións e entidades máis ou menos ligadas ao medio ambiente e á EA que queiran participar e achegar a súa visión, co obxectivo de construír alternativas colectivas á actual situación.



 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org