Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Grupos de traballo SGEA

  Co obxectivo de dar cumprimento aos fins definidos nos seus estatutos (Artigo 2. Fins e Actuacións), a SGEA articula as súas actuacións a través de Grupos de Traballo creados a tal efecto. Na actualidade, a SGEA conta con tres grupos de traballo, aos que habería que sumar os postos en marcha a través do Proxecto Fénix:


Axendas 21 Escolares

Retomamos o traballo desenvolvido en relación á Educación Ambiental no Ensino Formal, este é o noso ámbito de actuación, tanto no referido a procesos específicos de Axendas 21 Escolares como a outras iniciativas socioambientais en centros educativos.
Os obxectivos iniciais do grupo son:
 - Crear unha dinámica de traballo que satisfaga @s participantes e que teña continuidade.
 - Dar a coñecer as iniciativas que hai en marcha.
 - Promover procesos de Axendas 21 Escolares en Galicia.
 - Favorecer a formación das persoas interesadas.
 - Crear e dispoñer dun fondo de recursos.
 - Promover o intercambio de experiencias e coñecer casos prácticos.

Coordinador: Camilo Ojea Bouzo camilourense@yahoo.es
Disporemos dun enderezo electrónico para a comunicación interna. A través da lista de correo da SGEA convocaranse as xuntanzas e informarase sobre as actividades desenvolvidas.

Profesionalización da Educación Ambiental.

Os obxectivos deste grupo de traballo están orientados cara o análise da problemática laboral na EA, e o recoñecemento e a mellora das condicións laborais e profesionais dos Educadores e Educadoras Ambientais.
Os obxectivos iniciais do grupo son:
1º. Promover o Recoñecemento da categoría laboral “Educador/a Ambiental”.
2º. Promover a aplicación dun convenio colectivo específico.
3º. Estudiar as condicións e necesidades formativas d@s Educador@s Ambientais.
4º. Incentivar a contratación dos EA en condicións salariais dignas e sempre cumprindo a legalidade laboral.
5º. Coordinación cos grupos estatais de Profesionalización.

A coordinación do grupo corresponde a Susana Soto susana@sgea.org


Equipamentos de Educación Ambiental.

A coordinación do grupo corresponde a Araceli Serantes

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org