Bases do Concurso de logotipos para a FEEA:
1.- A participación está aberta a calquera persoa interesada.
2.- Os participantes poden presentar ata 2 propostas inéditas que poidan ser utilizadas pola FEEA, tanto na súa web como na documentación que xere (folletos de difusión, cartas, tarxetas, informes…)
3.- É preciso presentar cada proposta de logotipo asinada cun pseudónimo, en formato papel e en formato dixital (neste caso o logotipo ten que estático, sen animación). Ademais da versión a cor, é preciso presentar a versión a unha tinta e a versión en branco e negro. O logotipo ten que incluír tanto as siglas: FEEA, como o nome estendido da organización: Federación de Entidades de Educación Ambiental.
4.- Cada proposta de logo entregarase nun sobre pechado. No interior do sobre, teñen que figurar os datos seguintes, a súa vez dentro de outro sobre pechado: (Nome e Apelidos, Idade, Enderezo postal, Enderezo electrónico, Teléfono de contacto)
5.- As propostas poderán presentarse ata o martes 30 de setembro de 2008 ás 14.00h na sede da Sociedade Galega de Educación Ambiental, especificando o asunto no sobre.
6.- O xurado, formado polos socios da SGEA, realizarán unha votación de todas as propostas, segundo a súa aplicación e a súa adecuación á mensaxe que se quere transmitir.
Entre estas, e as seleccionadas a súa vez polas asociacións do resto do estado, escollerase unha por votación popular no marco da "I Asemblea da FEEA", os días 7 e 8 de novembro. A decisión farase pública o día 10 de novembro en 2008 (Extremadura).
6.- O xurado, formado polos socios da SGEA, realizarán unha votación de todas as propostas, segundo a súa aplicación e a súa adecuación á mensaxe que se quere transmitir.
7.- Os logotipos presentados no concurso expoñeranse no marco do IX Seminario de entidades de Educación Ambiental, e logo permanecerán durante un mes na sede da SGEA, onde os autores poderán pasar a recollelos.
A participación neste concurso implica
a aceptación da súas bases.
A propiedade e os dereitos do logotipo gañador, cederanse á FEEA, a cal se reserva o dereito de modificar ou retocar o logotipo gañador a fin de optimizar a calidade para a súa impresión e edición.
Coa colaboración das siguintes entidades da FEEA:
Associació Balear d'Educació Ambiental (SBEA), Asociación Madrileña de Educación Ambiental de Educadoras y Educadores ambientales (AEA-Madrid), Asociación para la promoción de la Educación Ambiental en Cantabria (APEA), Associació Valenciana d'Educació Ambiental i Desenvolupament Sostenible (AVEADS), Red-Asociación de Educadores Ambientales de Castilla-León, Societat Catalana d'Educació Ambiental (SCEA) y Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA).
Para máis información: Sociedade Galega de
educación Ambiental C/Travesía García Prieto, 43 baixo, … Telèfono:
981 523 556 Correo electrónico: sgea@sgea.org