Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 X ENCONTRO DA SGEA
O xogo e a tradición na Educación Ambiental
Sábado 20 de Xuño 2009.

 Continuando na liña de propiciar a participación, o coñecemento, o encontro e o intercambio de experiencias entre soci@s e simpatizantes, a Sociedade Galega de Educación Ambiental convoca o 10º Encontro da SGEA.

  Estes encontros celébranse sempre nun equipamento diferente, intentando diversificar ó máximo a situación xeográfica e os modelos de xestión dos mesmos.

  Nesta ocasión atoparémonos na zona de A Capela, na comarca do Eume, onde coñeceremos dúas experiencias: o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais no CEIP Mosteiro de Caaveiro e o Museo Etnográfico de A Capela

  PROGRAMA:

  •  Descargar programa aquí

  INSCRICIÓN:

  •  A inscrición nos encontros é de balde.
  •  Apúntate aquí
  •   Descarga aquí a ficha de inscrición
  •   Cúbrea e envíanola a encontros@sgea.org
  •  É imprescindible confirmar a asistencia, como data límite o 18 de xuño, indicando se pensas acudir un ou dous días.

  Para máis información:
SGEA: 676 029 049 Correo: arantxa@sgea.org

  (1-05-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org