Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 O PROXECTO FÉNIX PRESENTARASE NO VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 Do 16 ao 19 deste mes de setembro Arxentina será a sede do VI Congreso Iberoamericano de Educación Ambiental, que terá lugar en San Clemente do Tuyú (Prov. De Buenos Aires).

  Tendo por propósitos fundamentais discutir e reflexionar, dende as diversas miradas locais (en torno a tres eixes: o fortalecemento das políticas públicas en Educación Ambiental; a revisión do sentido das prácticas educativo-ambientais e as súas estratexias metodolóxicas, así como tamén as perspectivas dos procesos educativo-ambientais impulsados en Iberoamérica), dende a SGEA consideramos relevante integrar neste acontecemento as conclusións obtidas a través dos múltiples procesos de investigación e participación desenvolvidos dende o ano 2006 ao abeiro do Proxecto Fénix.

  É por este motivo polo que se presentou como comunicación o documento "O PROXECTO FÉNIX: DINAMIZANDO A EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA" no marco da área de traballo Organización e estratexias de redes.

  Agardamos que a nutrida expedición galaica que estará por terras arxentinas nas vindeiras semanas nos informe sobre os resultados do congreso.

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

  (23-09-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org