Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 





Destacados

 A SGEA ELIXE NOVA XUNTA DIRECTIVA

 Con motivo da celebración da asemblea extraordinaria do pasado venres 5 de febreiro, a Sociedade Galega de Educación Ambiental elixiu como nova Xunta Directiva a:

  - Presidente: Pablo Á. Meira Cartea
- Vicepresidente: Miguel Pardellas Santiago
- Secretaria: María José Ruán Serantes
- Tesoureira: Sabela García Abalo
- Vogalía Equipamentos EA: Araceli Serantes Pazos
- Vogalía Profesionalización: Susana Soto Fernández
- Vogalía Movementos sociais: Noa Estévez Pérez
- Vogalía Dinamización interna: Andrés Burgos Delgado
- Vogalía Empresas EA: Manolo Domínguez Rei

 A nova Xunta Directiva incidiu na necesidade de incrementar a participación activa de todos os socios e socias da SGEA co fin de dar continuidade aos proxectos en marcha, así como as novas liñas de traballo e reivindicacións, entre as que poderiamos destacar: a necesidade dunha nova Estratexia Galega de Educación Ambiental, a convocatoria do Observatorio Galego de Educación Ambiental, a reactivación da Rede Galega de Equipamentos de Calidade ou a tradución do Proxecto Fénix a accións concretas.

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

  (8-02-10)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          Travesía de García Prieto, nº 43 - Baixo    15706  
          Santiago de Compostela (A Coruña - Galicia - España)
          Tel./Fax 981 523 556