Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 ORGANIZACIÓN DAS IV XORNADAS ESTATAIS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 O pasado venres 13 de novembro de 2009 tivo lugar a asemblea extraordinaria da Federación de Entidades de Educación Ambiental (FEEA) á que pertence dende a súa constitución a SGEA. Nesta xuntanza abordouse, entre outros puntos, o tema das IV Xornadas Estatais de Educación Ambiental.

  Dende a FEEA propuxémonos un tremendo e interesante reto: a organización das IV Xornadas de Educación Ambiental, case 11 anos despois das III Xornadas que se celebraron en Pamplona (1998).

 Como punto de partida, durante o mes de decembro realizouse unha sondaxe aos socios e socias das distintas entidades de Educación Ambiental estatais que a día de hoxe forman parte da FEEA, e a outras que están representadas no Seminario de Entidades de Educación Ambiental, para recoller o sentir dos que estamos implicados neste sector.

  Con este “sentir en bruto” queremos ter un diagnóstico que nos permita avanzar na organización do traballo para conseguir un programa acorde ao que necesitamos e soñamos.

  Nos próximos días presentarase un primeiro documento de traballo que será analizado, debatido e compartido con todos e todas as interesadas.

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

  (13-10-10)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org