
TEATRO FORO: FERRAMENTAS PARTICIPATIVAS PARA A EDUCACIÓN AMBIENTAL
17, 18 E 23, 24 E 25 DE ABRIL DE 2010
RESIDENCIA UNIVERSITARIA MONTE DA CONDESA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
PRAZAS LIMITADAS
MATRÍCULA: NORMAL 80€ / REDUCIDA 70€
Que é o Teatro Foro?
Nos anos 60 e 70 aparecen en América Latina diversas dinámicas e metodoloxías participativas cunha forte carga de transformación social. O Teatro Foro xorde neste contexto como unha técnica máis integrada no que se definiu como Teatro do Oprimido.
O Teatro do Oprimido é un método teatral sistematizado polo dramaturgo, actor, director e pedagogo brasileiro Augusto Boal que busca estimular a elaboración colectiva de alternativas para problemas reais a través de medios artísticos. A través de centos de exercicios e xogos analizamos as situacións de opresión e remediámolas.
O Teatro Foro é unha destas técnicas que anima ao espectador/a abandonar a súa posición de consumidor/a de un produto cultural e converterse en produtor de cultura e saber.
Teatro Foro e Educación Ambiental
Con frecuencia a Educación Ambiental e as técnicas participativas vense mutuamente con certa distancia. A participación activa dos/as destinatarios dunha actividade ou a implicación directa da cidadanía nos problemas ambientais resulta difícil de manexar optándose, demasiadas veces, por iniciativas que só xeran espectadores/as pasivos/as.
Porén, cada vez máis, evidénciase a necesidade de promover unha maior intervención das comunidades na xestión ambiental e a toma de decisións que vai parella; o Teatro Foro, pode ser unha excelente ferramenta para conseguilo.
A proposta deste curso é adquirir unha ferramenta que facilita:
- a reflexión individual e colectiva
- o debate, o cuestionamento
- a análise e confrontación da opresión
- a comprensión, a tolerancia, a estratexia
- a creatividade
- a experimentación
Programa
Sábado 17 e domingo 18
- Exercicios teatrais, presentación, quecemento, improvisación, escoita.
- Introdución teórica ao teatro do oprimido e teatro foro
- Exercicios específicos de teatro foro para a creación
- Selección de temas a traballar no curso.
- Venres 23, sábado 24 e domingo 25
- Quecemento teatral.
- Exercicios de improvisación
- Creación dunha escena de teatro foro
- Técnicas de jockage
- Traballo da escena creada
- Posta en Escena da creación con público
Formadoras
- Natalia Sanz Miguel: educadora ambiental cunha ampla formación en técnicas teatrais e participativas. Entre outros, participou no Taller impartido por Sanjoy-Ganguly e Julien Boal no Festival “Le plus beau théâtre du Monde” (Julio ’07. St Michel l’Observatoire, Francia); no Taller Teatro Foro, Dinámicas do poder, perspectiva de xénero e Comedia do Arte, impartido polo GTO-Paris (Abril ’09. Paris, Francia); ou no Taller Teatro Foro para formadores (Febrero ’10. Lyon, Francia). Así mesmo, ten desenvolvido pequenas experiencias de creación de escenas no ámbito asociativo.
- Angélica Gago: narradora oral e actualmente directora dun grupo de teatro de adultos. Fórmase na Aula de Teatro da Universidade de Valladolid especializándose en narración oral escénica a través de formación recibida en Valladolid, Madrid e Arxentina. Ten traballado con Natalia no ámbito asociativo e na impartición dun taller de Teatro Foro en Voluntared, Escola de Voluntariado de Burgos (setembro, 09).
FICHA DE INSCRICIÓN
DESCARGAR DÍPTICO
Para máis información:
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Trav. de García Prieto, 43, baixo
15706 Santiago de Compostela
www.sgea.org / sgea@sgea.org
981 52 35 56 / 618 86 86 12
(8-03-10)