Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 BOLSEIROS/AS DA USC ORGANIZAN UN OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA

 Porque comendo tamén podemos ser sostibles

 Santiago, 4 de maio de 2010

 Estudantes da USC que son bolseiros/as do Plan de Desenvolvemento Sostible levarán a cabo, o vindeiro 11 de maio ás 16:00 no comedor da residencia universitaria Burgo das Nacións, o segundo obradoiro de cociña ecolóxica para estudantes da USC, continuando co xa celebrado o curso pasado.

 No curso os/as integrantes elaborarán pratos con produtos ecolóxicos e ensinarase o valor dos nomeados produtos. Ao ir ao supermercado non somos conscientes de que o noso consumo, na maioría das ocasións, é sinónimo de “esgotamento”; non temos en conta as repercusións dos nosos procesos de abastecemento de bens e servizos para o medio e as persoas que habitan no planeta. Por consumo responsable entendemos a elección dos produtos e servizos non só en base a súa calidade e prezo, senón tamén polo seu impacto ambiental e social, pola conducta das empresas que os elaboran. O curso será impartido por Sabela García Abalo, membro da asociación ecoloxista Verdegaia. Tamén se porá a disposición dos asistentes material onde poderán atopar as diferentes tendas con produtos ecolóxicos de Santiago e información para poñerse en contacto coas diversas cooperativas de consumo ecolóxico e responsable de Galicia.

 O número de prazas é de 15 por mor da capacidade da instalación. A inscrición pode facerse enviando un email a tallercocinaecoloxica@gmail.com indicando os seguintes datos: nome completo, facultade a cal pertence e número de teléfono. A admisión se fará por orde de solicitude e só serán admitidos membros da comunidade universitaria. Os admitidos recibirán un email de confirmación.

 A responsabilidade comeza na casa

 O obradoiro de cociña ecolóxica está incluído nas múltiples actividades do programa de divulgación sobre a pegada ecolóxica que están a levar a cabo a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC en colaboración coa Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA). Con este obradoiro preténdese concienciar e, sobre todo, dar a coñecer os beneficios dos productos ecolóxicos e as diferentes organizacións e tendas relacionadas con eles e as repercusións do seu consumo na pegada ecolóxica.

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

  (10-05-10)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org