REMATA A RECOLLIDA DE INFORMACIÓN NOS EQUIPAMENTOS
Despois dun longo proceso de traballo, o grupo de traballo sobre o Estudo de Profesionalización en Equipamentos, do Seminario Permanente de Equipamentos de Educación Ambiental do Centro Nacional de Educación Ambiental, remata o proceso de recollida de información a todas as persoas vinculadas aos Equipamentos de Educación Ambiental no estado.
O proceso seguido para este traballo deu comezo, en xullo de 2009 co envío dunha carta de presentación por parte do CENEAM a todas e todos os interesados, á que seguiu un correo electrónico a través do cal podía accederse ao cuestionario a través dun enlace.
O 15 de setembro foi o primeiro prazo marcado na recompilación de cuestionarios; prazo que, despois da presentación dun primeiro avance dos resultados no seminario de EqEA en Valencia (outubro de 2009), estendeuse ate o remate do ano 2009.
Durante o mes de xaneiro realizarase o tratamento dos datos co obxectivo de presentar un primeiro avance dos resultados no primeiro trimestre deste ano 2010.
Para máis información:
Máis información
Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12
(13-01-10)