Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 A SGEA ESTARÁ PRESENTE EN EDUAMBIENGAL

 Os vindeiros días 25,26 e 27 de xuño de 2009, o Taller de Educación Ambiental do ICE da Universidade de Santiago de Compostela celebrará as VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental.

  Nesta edición analizaranse os problemas ambientais do século XXI, debaterase sobre a situación das estratexias de educación ambiental na Galiza e no Estado e ofrecerase un foro para o intercambio de experiencias.

  As Xornadas incluirán relatorios, mesas redondas e sesións de intercambio de experiencias educativas e de xestión mediante cartaces e relatorios. Tamén unha Mostra da Educación Ambiental que permita a exposición e difusión de materiais, recursos, equipamentos, etc. por parte das entidades e asociacións interesadas.

  Estas Xornadas segundo a SGEA, permiten desenvolver puntos moi importantes para a Educación Ambiental:

  •  Fomentar o recoñecemento da Educación Ambiental como instrumento social e de xestión para afrontar a problemática do medio ambiente.
  •  Difundir os resultados e conclusións das investigacións interdisciplinares en Educación Ambiental.
  •  Crear foros para facilitar o intercambio de experiencias en Educación Ambiental.
  •  Establecer mecanismos de difusión en todos os formatos que contribúan á información, formación, participación e sensibilización ambiental da sociedade galega.
  •  Consolidar, avaliar e desenvolver estratexias de control para potenciar a existencia de programas de Educación Ambiental de calidade.

  A SGEA participará nestas Xornadas co traballo desenvolvido durante os tres últimos anos: o PROXECTO FÉNIX, proceso de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Presentaranse os resumos diagnósticos de cada un dos sectores estudiados:

  •   Equipamentos de Educación Ambiental
  •  A Profesionalización da Educación Ambiental
  •   Axendas 21 Escolares e Sistema educativo
  •   Iniciativas locais e municipais de Educación Ambiental
  •   Participación e movemento asociativo en Educación Ambiental
  •   O tratamento da Educación Ambiental nos medios de comunicación

  Para máis información consulta na páxina web http://eduambiengal.com

  (26-04-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org