EXPOSICIÓN SOBRE A PEGADA ECOLÓXICA GALEGA NA FACULTADE DE CC. DA EDUCACIÓN DA USC
A exposición, elaborada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), permanecerá na facultade de CC. da Educación ate o 30 de maio.
A Pegada Ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que nos permite analizar as relacións entre a capacidade de produción do planeta e a demanda dos recursos polo ser humano.
O valor da pegada ecolóxica galega ascende a máis de 6 hectáreas per cápita, polo que precisaríamos unha extensión case seis veces superior a Galicia para ser autosuficientes ou sustentables.
Co obxectivo de dar a coñecer o concepto de Pegada Ecolóxica e incidir no elevado do seu valor no contexto galego, a FEG elaborou un detallado informe sobre a pegada ecolóxica en Galicia. Informe que, posteriormente, serviría de guía para a exposición realizada pola SGEA.
A exposición consta de 11 paneis e será inicialmente exposta na facultade de Ciencias da Educación da USC, servindo esta primeira parada como avaliación da exposición para, no vindeiro curso servir de fío condutor de outras actividades de Educación Ambiental en colaboración coa Oficina de Medio Ambiente da USC. No marco desta colaboración está tamén prevista a inclusión dun ou varios paneis sobre a pegada ecolóxica de varias facultades da USC, a partir do estudo realizado por esta entidade durante o 2006.
A exposición permanecerá na facultade de Ciencias da Educación ate o 30 de maio.
Máis información: Miguel Pardellas (618 86 86 12)
(19-5-08)