Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  ALEGACIÓNS Á LICITACIÓN DOS EQUIPAMENTOS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DO PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA E DO PARQUE NATURAL DA BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS

  A Sociedade Galega de Educación Ambiental volve a presentar alegacións a unha licitación dun equipamento de Educación Ambiental á vista dos criterios de valoración e ás condicións económicas da mesma.

  Con data de rexistro do 15 de outubro de 2007, a SGEA presentou as respectivas alegacións á licitación do servizo de atención ao público do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación do ecosistema litoral do parque natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (CIELGA) (Expediente 173/2007), detallando no escrito presentado as carencias do mesmo: a falta de criterio claro á hora de especificar o obxectivo e contido do traballo a desenvolver, a ausencia de criterios relacionados coa formación específica e a cualificación mínima do equipo educativo, as condicións económicas do prego de condicións -que impiden o cumprimento das condicións laborais segundo o Convenio Colectivo vixente de Acción e Intervención Social-, os criterios de adxudicación -valorando a oferta económica por riba do proxecto técnico-, ...

  Sobra dicir que non houbo resposta nin a estas alegacións, nin ás solicitudes de información realizadas posteriormente (incumprindo así a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a Lei de Información Ambiental 27/2006).

  Novamente, ante a publicación no DOG o pasado 15 de abril de 2008 da convocatoria de concurso público para a contratación dos servizos de atención ao público do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (expediente 50/2008) e do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación de xeomorfoloxía do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés (expediente 52/2008), a SGEA volve presentar alegacións, solicitando, ao igual que no caso do equipamento do parque natural de Corrubedo:

    - A invalidación do concurso público para a contratación do servizo de atención ao público dos equipamentos de Educación Ambiental do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra e Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

    - O establecemento dun novo concurso axeitado aos obxectivos e filosofía da Educación Ambiental, ao cumprimento das condicións mínimas que se establecen na Carta de Calidade de Centros de Educación Ambiental e ao cumprimento do Convenio Colectivo do sector.

    - A revisión dos concursos vixentes dos Centros de Educación Ambiental de Galicia para a súa adaptación á nova lexislación en materia laboral e ao Convenio Colectivo.

  (28-4-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org