Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

VII XORNADAS DA SGEA: DEZ ANOS DE TRABALLO COOPERATIVO POLA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALIZA

  X ANIVERSARIO DA SGEA (2001-2011)

  Data: 6 e 7 de maio de 2011

  Lugar: CEIDA, Oleiros

Na primavera de 2001 a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) constituíuse como asociación profesional co ánimo de aglutinar o traballo de moitas persoas que se viñan significando, algúns dende finais da década dos setenta na promoción da Educación Ambiental en Galiza, e que decidiron asociarse para darlle continuidade e profundidade a ese traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsábel co Medio Ambiente.

Este ano 2011 a SGEA cumpre dez anos de andadura; dez anos cheos de xornadas, encontros, posicionamentos e reivindicacións no ámbito da Educación Ambiental.

Aproveitando o aniversario, non queremos deixar pasar a ocasión de facer repaso do traballo desenvolvido e analizar pros e contras do que fixemos e o que non coas entidades e colectivos que nos acompañaron no camiño.

Quedades todas e todos convidados a participar connosco deste exercicio de memoria colectiva que, como non podería ser doutro xeito, nos gustaría que servira de base para o traballo a desenvolver nos vindeiros dez anos, ou máis...

Programa:
Venres 6 de maio – Xornadas de cooperativismo
16:00 – 16:30 Presentación das xornadas
16:30 – 18:00 Conferencia: “Cooperativismo e economía social como fórmulas de desenvolvemento económico e social” (Federación de Cooperativas Sinerxia)
18:00 – 18:30 pausa café
18:30 – 20:00 Mesa redonda: “Cooperativismo na EA” (representantes das cooperativas de educación ambiental CEM, ARDORA e EQUAL)

Sábado 7 de maio – X Aniversario da SGEA
10:30 – 12:00 Mesa redonda: Vivencias e experiencias de dez anos de traballo (representantes das xuntas directivas e grupos de traballo da SGEA nestes dez anos)
12:00 – 12:30 pausa café
12:30 – 14:00 Mesa redonda: Tecendo redes na EA I (representantes de distintas entidades e administracións públicas)
14:00 – 16:30 xantar
16:30 – 18:00 Tecendo redes na EA II (representantes de distintas asociacións e colectivos do ámbito educativo e ambiental)
18:00 – 20:00 Dez anos traballando: panorámica 2001-2011 (repaso lúdico-festivo da traxectoria da SGEA)

 Inscricións
 Preme Aquí

---------------------------------------------------------

Descargate aquí o cataz das xornadas co programa

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org