Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  A SGEA PRESENTA O MANIFESTO “NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA”

  A celebración do XII Encontro da SGEA serviu de marco para a análise da situación da Educación Ambiental na nosa comunidade e a presentación do manifesto.

  Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2010

O pasado sábado 27 de novembro tivo lugar no Centro de Interpretación Ambiental de Belvís, en Santiago de Compostela, a celebración do XII Encontro da SGEA.
Nesta ocasión, dende a SGEA propuxemos converter este encontro nun espazo de reflexión e debate sobre a situación da Educación Ambiental en Galicia, pero sobre todo, nun espazo reivindicativo a través do que manifestar a nosa oposición aos recortes do actual goberno.
Na actualidade, a xa tradicionalmente precaria situación da Educación Ambiental (EA, en diante) na nosa comunidade está a vivir un importante retroceso: recortes en actividades e recursos, peche e infrautilización de Equipamentos públicos, despedimentos e peche de empresas de EA, dilapidación de recursos,....
A participación no encontro de representantes de equipamentos e empresas de educación ambiental, profesorado, concellos e grupos ecoloxistas permitiunos avanzar na identificación dos aspectos máis preocupantes, porén, este non era o único obxectivo. A situación actual esixe unha resposta coordinada e inmediata dos e das profesionais da Educación Ambiental, motivo polo cal, centramos a nosa atención das medidas a desenvolver nos próximos meses; medidas entre as que destaca a presentación e divulgación do manifesto “NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA”.
Nos próximos días, este manifesto será remitido a todas as entidades e colectivos potencialmente interesados, solicitando a adhesión e divulgación do documento.
Así mesmo, será remitido ás administracións competentes co fin de dar a coñecer as nosas reivindicacións e promover os cambios que consideramos necesarios.

* O manifesto pode asinarse a través da páxina web da SGEA: www.sgea.org

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org