Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 ASEMBLEA DA FEDERACIÓN DE ENTIDADES DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 Os días 23, 24 e 25 de abril tivo lugar en Barcelona unha nova asemblea ordinaria da Federación de Entidades de Educación Ambiental (FEEA), á que pertence dende a súa constitución a SGEA.

 Nesta ocasión, a xuntanza centrouse na proposta de celebración dun Congreso Estatal de Educación Ambiental.

 Despois dunha primeira xuntanza dos representantes da FEEA co Ministerio de Medio Ambiente, abriuse a posibilidade de organizar as que serían as IV Xornadas de Educación Ambiental, case 11 anos despois das III Xornadas que se celebraron en Pamplona (1998).

 Durante os últimos meses de 2009 e primeiros de 2010, realizouse en todas as entidades pertencentes á FEEA unha sondaxe sobre as temáticas, intereses e formatos a ter en conta para a organización destas xornadas, co fin de elaborar unha proposta de programa que se presentaría posteriormente no Ministerio.

 Nos próximos días presentarase o documento finalmente consensuado na asemblea.

 Dicir tamén, que esta nova asemblea serviu tamén para felicitar á Societat Catalana de Educació Ambiental o seu 25 cumpleanos. Parabéns!

  Para máis información:
Miguel Pardellas (SGEA): 618 86 86 12

  (10-05-10)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org