Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  A SGEA CONVOCA O OBSERVATORIO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

  Dende a súa posta en marcha, a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) articulou algúns mecanismos de difusión e información, e tamén, xunto con outras entidades, fomentou a creación de foros e espazos para o debate e o intercambio de experiencias en Educación Ambiental.

  Na busca dun mellor e maior coñecemento da situación educativo ambiental da nosa comunidade, a SGEA ven desenvolvendo distintas iniciativas de investigación que teñen como fío condutor o Proxecto Fénix, proceso a través do cal podemos informar sobre unha certa panorámica da Educación Ambiental en Galicia. Temos comprobado por esta e outras vías, que a existencia de documentos, entidades, servizos e programas de Educación Ambiental non se traduce nunha participación social (pública e privada) responsábel coas problemáticas medioambientais que nos afectan particular e globalmente.

  O decaemento institucional, tanto polos esforzos que seguen sendo necesarios para levar adiante calquera proxecto, como polas resistencias a mellorar a coherencia ambiental do conxunto de accións educativas, fainos incentivar un espazo no que se poidan debater e pensar accións para lograr un reforzo da Educación Ambiental en Galicia.

 Como consecuencia, e co ánimo de compartir estas inquedanzas con todas as persoas interesadas na Educación Ambiental, a SGEA fai unha convocatoria aberta ao OBSERVATORIO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL para a súa constitución o vindeiro xoves, 5 de febreiro, ás 17:00 horas no noso local sito en Santiago de Compostela.

 Esperamos que esta iniciativa te pareza de interese e que poidas acudir.

 Atentamente,

  Santiago de Compostela, a 20 de xaneiro de 2009 A Xunta Directiva da Sociedade Galega de Educación Ambiental

 DESCARGAR PROGRAMA

 * Para calquera dúbida e/ou aclaración, podedes contactar connosco a través dos teléfonos 981 52 35 56 ou 618 86 86 12. E a través do correo electrónico sgea@sgea.org.

  (26-01-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org