A SGEA PARTICIPA NAS XORNADAS SOBRE REDUCCIÓN DOS RESIDUOS DA FEG
A FEG organiza as Xornadas "R DE REDUCCIÓN. MENOS LIXO E MELLOR" que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de novembro no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Nestas Xornadas preténdese debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida.
Contará con poñencias teóricas, onde se tratarán temas sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos...
Complementan as Xornadas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.
A SGEA participa coa charla "A Educación Ambiental e a reducción" que realizará Sabela García Abalo o venres pola tarde.
Para máis información consulta na páxina
web www.federacionecoloxista.org.
(1-11-08)