Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  O IV SEMINARIO DE INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN AMBIENTAL TERÁ LUGAR OS DÍAS 27 E 28 DE OUTUBRO

  O grupo de investigación SEPA organiza este ano a IV edición do Seminario de Investigación en Educación Ambiental, que terá lugar os días 27 e 28 de outubro no Centro de Estudios Avanzados da USC.

  O Seminario está dirixido principalmente a investigadores e investigadoras no campo da EA e das dimensións sociais do Cambio Climático, estudantado universitario de Terceiro Ciclo que se encontre nunha fase avanzada da realización da súa tese doutoral no campo da Educación Ambiental ou en ámbitos afíns relacionados coa temática central do seminario.

 Está confirmada a participación de 50 investigadores galegos, doutras comunidades do Estado español, de Portugal e da América Latina.

 Como ven facendo nos últimos anos, a Sociedade Galega de Educación Ambiental ven colaborando na organización deste seminario de investigación, contribuíndo a súa difusión e coñecemento no ámbito da Educación Ambiental en Galicia.

 Para máis información:
Despacho 33 Facultade de Ciencias da Educación Campus universitario sur 15782 Santiago de Compostela Teléfono +34 981 56 31 00 Ext. 13753 monica.arto.blanco@usc.es www.usc.es/sepa

  (1-10-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org