Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  II FORO GALEGO DE EDUCADORAS E EDUCADORES AMBIENTAIS

  Máis de 100 Educadoras e Educadores Ambientais compartiron experiencias, xantar e debate no Castelo de Sta. Cruz.

  O pasado 1 de marzo, tivo lugar a segunda edición do Foro Galego de Educadoras e Educadores Ambientais, organizado conxuntamente nesta ocasión polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA).

  Máis de 100 Educadoras e Educadores Ambientais compartiron experiencias, xantar e debate, presentándose ademais 17 comunicacións sobre distintos temas e experiencias (Medio Mariño, Roteiros interpretativos, Soberanía Alimentar, Comunicación e Educación, Experiencias en Centros Educativos, Voluntariado e profesionalización, ou Conservación e cooperación internacional).

  A xornada serviu tamén para debater sobre a necesidade de artellar unha base de datos de profesionais da Educación Ambiental en Galicia, avanzando na definición dos aspectos relacionados co seu funcionamento e xestión.

  Co fin de dar continuidade a este tipo de debates e poder desenvolver outros relacionados co sector da Educación Ambiental, o CEIDA e a SGEA comprometéronse a buscar e poñer en marcha as ferramentas telemáticas necesarias para dar resposta a estas necesidades.

  (23-4-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org