Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  III FORO GALEGO DE EDUCADORAS E EDUCADORES AMBIENTAIS

  Estimadas compañeiras/os

  Una ano máis o CEIDA, a SGEA e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poñen en marcha unha nova edición deste espazo de encontro e intercambio de experiencias das educadoras e educadores ambientais de Galicia, que terá lugar o vindeiro 14 de marzo.

  Este ano como novidade, a organización decidiu que as exposicións orais dos e das participantes terán algo máis de tempo (pasan de 10 a 15 minutos), en función das indicación do participantes do ano pasado, e conseguir así desenvolver a actividade dun xeito máis relaxado. Dado que non podemos alongar máis tempo a duración do foro, isto obríganos a reducir o número de exposicións orais e facer unha selección no caso de que o número de propostas sexa superior ao tempo dispoñible. De ser así, a organización daralle prioridade a aquelas persoas que presenten por primeira vez e aquelas iniciativas que resulten tamén máis novidosas.

 De acordo a convocatoria que se xunta, ábrese o prazo para a presentación de propostas ata o día 20 de febreiro. O prazo de inscrición como asistente abrirase a partir do 25 de febreiro, unha vez estea o programa final totalmente confeccionado.

 Agardamos poder contar coa túa participación un ano máis.

 Un saúdo

 DESCARGAR CONVOCATORIA

  (2-02-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org