Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

  A SGEA CELEBRA A SÚA VIII ASEMBLEA XERAL

  Como cada ano por estas datas, a Sociedade Galega de Educación Ambiental celebrará a súa asemblea xeral ordinaria o vindeiro sábado 20 de decembro.

  A asemblea xeral da SGEA converterase un ano máis nun punto de encontro para os socios e socias, alén de servir para repasar as actividades desenvolvidas durante o ano e parte das que se desenvolverán no próximo 2009.

  Pero este ano ademais, a asemblea xeral será o momento no que traballar sobre o Plano Estratéxico da SGEA. Nos últimos anos a SGEA ven desenvolvendo varios proxectos e actividades que están a mudar a nosa dinámica interna e a nosa proxección externa.

 Neste marco, dende a Xunta Directiva falouse da necesidade de empezar a pensar nalgún tipo de documento que puidera orientar as liñas estratéxicas da SGEA para os próximos anos.

 O primeiro paso na elaboración do plano estratéxico da SGEA foi o envío duns cuestionarios a todos os socios e socias, a partir dos que se redactou un informe. Na asemblea, poremos en común os datos reflectidos neste informe e sentaranse as bases para a definición das liñas de traballo da asociación.

 * Para calquera dúbida e/ou aclaración, podedes contactar connosco a través dos teléfonos 981 52 35 56 ou 618 86 86 12. E a través do correo electrónico sgea@sgea.org.

  (16-12-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org