Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













Destacados

 A SGEA CONVOCA UN NOVO SEMINARIO DE TRABALLO CO PROFESORADO GALEGO

 O seminario terá lugar o vindeiro 8 de maio no local da SGEA en Santiago de Compostela

  O papel que xoga e xogou o profesorado e os centros educativos no desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia converte ao sistema educativo nun dos elementos básicos na interpretación que a cidadanía fai dos problemas ambientais.

  Por este motivo, a finais de 2007 a Sociedade Galega de Educación Ambiental realizou un estudio sobre a situación da Educación Ambiental no sistema educativo galego, no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

  Despois do tratamento e o análise dos datos, dende a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) queremos poñer en común os resultados cos protagonistas do estudo -o profesorado- para poder así afondar nos puntos febles e puntos fortes identificados.

  Con estes obxectivos, dende a SGEA convocámosvos a un SEMINARIO DE TRABALLO, que terá lugar o vindeiro 8 de maio en Santiago de Compostela, no local da SGEA (Travesía de García Prieto, 43, baixo).

  Este seminario quere ser, sobre todo, un punto de encontro e un espazo de debate para todos os profesionais que están a traballar no ensino galego e que contribúen, co seu traballo, á interpretación que a sociedade galega fai da situación ambiental.

  A SGEA, como dinamizadora da Educación Ambiental na nosa comunidade, quere contribuír deste xeito á elaboración dun Plan de Acción Sectorial para a Educación Ambiental no sistema educativo. Para acadalo, exporemos en primeiro lugar os datos recompilados no seu momento para, a continuación definir as liñas de acción que orientarán o traballo a seguir nos próximos anos.

  Para máis información:
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Travesía de García Prieto, 43, baixo. 15706 Santiago de Compostela
981 523 556 / 618 868 612 sgea@sgea.org

  (27-04-09)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org