Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 





Destacados

  A SGEA SOLICITA UNHA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DO OGEA

  Despois de presentar alegacións a os últimos tres concursos de licitación de Equipamentos de Educación Ambiental en Galicia, a Sociedade Galega de Educación Ambiental solicita á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a convocatoria dunha reunión extraordinaria do Observatorio Galego de Educación Ambiental.

  Dende outubro de 2007, a SGEA ven denunciando, e presentando as respectivas alegacións, aos criterios de valoración e as condicións económicas dos tres concursos de licitación do servizo de atención ao público de Equipamentos de Educación Ambiental anunciados pola Consellería de Medio Ambiente neste período de tempo:

    - Servizo de atención ao público do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación do ecosistema litoral do parque natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (CIELGA) (Expediente 173/2007).

    - Servizo de atención ao público do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra no concello de Rubiá (Ourense) (Expediente 50/2008).

    - Servizo de atención ao público do centro de recepción de visitantes e do centro de interpretación de xeomorfoloxía do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense) (Expediente 52/2008).

  Así mesmo, na derradeira reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental (celebrada o 23 de outubro de 2007), expúxose o caso do centro de Educación Ambiental de Corrubedo e alertouse da necesidade de fixar uns criterios acordes coa lexislación en materia laboral existente e a Carta de Calidade de Equipamentos de Educación Ambiental en Galicia.

  Á vista da reiterada ausencia de información ao respecto destas cuestións a Sociedade Galega de Educación Ambiental solicita á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a convocatoria dunha reunión extraordinaria do Observatorio Galego de Educación Ambiental para tratar en particular os casos anteriormente referidos, e en xeral, os concursos vixentes dos centros de educación ambiental de Galicia.

  (6-5-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          Travesía de García Prieto, nº 43 - Baixo    15706  
          Santiago de Compostela (A Coruña - Galicia - España)
          Tel./Fax 981 523 556