Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 





Destacados

  O PROXECTO MET DA MANCOMUNIDADE DE AROUSA PRESENTA OS SEUS PRIMEIROS RESULTADOS E MAPAS EMOCIONAIS

  A primeira fase do MET cerrouse o día 18 de Xullo coa presentación dos resultados acadados coa confección dos mapas emocionais das catro rutas, as conclusións xerais xiraron en torno á mellora dos recursos interpretativos, a integración e novos usos de elementos anexos ás rutas, acondicionamento do entorno e a sensibilización local, entre outros.

  Os mapas emocionais e as novas do proxecto en breve estarán dispoñibles na web www.metarousanorte.com.

  Despois de analizar as emocións que xeran as paisaxes do Barbanza, o M.E.T. continúa a súa traxectoria, e comeza unha segunda etapa na que xa se está a traballar nos resultados e conclusións recollidas nos foros de debate realizados ao final de cada ruta. A confección dun itinerario interpretativo sobre os muíños eólicos presentes na serra, a organización dun encontro artístico, unha ruta nocturna no tramo de Rianxo e mesmo a presencia do proxecto no ámbito da investigación son parte do traballo que se está elaborando nesta etapa.

 O proxecto MET ten habilitado un foro na web www.metarousanorte.com para dar cabida a todos aqueles participantes, colaboradores e interesados que queiran transmitir a súa opinión.

  (17-9-08)

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          Travesía de García Prieto, nº 43 - Baixo    15706  
          Santiago de Compostela (A Coruña - Galicia - España)
          Tel./Fax 981 523 556