Sociedade galega de Educación Ambiental - Páxina principal

  

 
 













ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA SGEA 2012

Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 10:30


    

  Convocase a participar na Asamblea Xeral Ordinaria para o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 10:30 horas en primeira convocatoria e 11:00 horas en segunda convocatoria no local da Federación de Asociacións Ítaca sito na rúa do Pombal, 18 de Santiago de Compostela (desde Porta Faxeira baixando cara a Galeras, xusto en fronte da Alameda).

  As propostas incluídas para o 2012, foron recollidas entre os membros da xunta directiva e que polo tanto non son un producto rematado, son simplemente ideas que lanzamos para o debate na Asemblea e incluso a través desta lista de correo previa e posteriormente á mesma. Sería moi enriquecedor que incluso as persoas que por diferentes motivos non puidesen asistir á asemblea aportaran na lista comentarios e novas propostas.

  Algunhas das propostas incluídas no documento adxunto son: o aproveitamento dos recursos da web, celebrando "Encontros na rede" periodicamente para debater sobre temas de actualidade; inclusión na web dunha sección de emprego que facilite o intercambio de ofertas e demandas dos profesionais do noso sector; realización de actividades formativas para @s soci@s ,etc .

  Tamén queremos seguir loitando polos nosos dereitos con accións como o manifesto "Non á desaparición da educación ambiental na Galiza" e a recollida de sinaturas.

  Precisamos seguir construindo entre tod@s esta fermosa utopía.

  Por iso, solicitamos que presentedes as vosas candidaturas á xunta directiva da SGEA. Inda que nós preferimos chamarlle Coordinadora, xa que funcionamos como grupo, debatindo as propostas e tomando acordos conxuntos e na medida do posible de xeito consensuado. Neste momento todos os cargos están disponibles para quen quera incorporarse. Barallamos a posibilidade de crear novas vogalías ou grupos de traballo que se ocupen de áreas específicas.

  A SGEA e a educación ambiental necesítanvos máis que nunca ¡¡¡.

  Vémonos na Asemblea.   Saúde e EA

  Xoán Pousa

  Presidente da SGEA

 Descargas:

  Convocatoria da Asemblea.      Acta da anterior Asemblea 2010.

  Documento-resumo de actividades realizadas no 2011 e propostas da xunta directiva para o 2012.     
Documento de candidaturas á xunta directiva para o 2012.

 
 



Inicio| Acerca de| Contacto| EA Novas| EA Equipamentos| Grupos de traballo| Ligazóns| Documentos| Acceso Socios SGEA


        Sociedade Galega de Educación Ambiental
          SGEA - Sociedade Galega de Educación Ambiental.

          APDO. DE CORREOS 38 BERTAMIRANS- AMES- A CORUÑA
          Tel./Fax 619 484 395 Mail:sgea@sgea.org